Tuesday 25 de June de 2024

Éxito na celebración do XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo que organizou Xiradela


· Unhas 600 persoas entre participantes e público se deron cita na tarde de onte, domingo 12 no Paseo do Balneario de Arteixo.

· Achegáronse agrupacións da contorna como: A.F. Ancoradoira, CEIP Ponte dos Brozos, CEIP Arteixo, CEIP Galán, Colexio Sagrado Corazón Franciscanas, Escola Municipal de Folclore do Concello de Betanzos, A.C. Xacarandaina, A.C. Nemeth, Asociación Cultural Santa María de Torás, A.C. A Marola, Agrupación Folklórica Folliñas e A.X. Xiradela.

A 36ª edición do Día da Muiñeira de Arteixo, que año tras año organiza la A.X. Xiradela celebrouse con éxito na tarde de onte, domingo 12 de maio no Paseo do Balneario. A peza escollida para esta ocasión, e que executaron de xeito conxunto todos os grupos de baile ata en tres ocasións, foi a ‘Muiñeira do Século XII’. Estímase que se congreraron unhas 600 persoas nesta cita.

Nesta ocasión participan 12 agrupacións e un total de 28 grupos de baile, sumando ao redor de 300 persoas bailando a mesma peza a un tempo no Paseo do Balneario de Arteixo. O público, aproximadamente outras 300 persoas, seguiu ao vivo esta proposta cultural a pé de rúa, houbo quen se animou a bailar un agharrado ao final da cita. A tarde foi de festa e ata público, bailadores, bailadoras, e músicos se animaron a facer unha onda coas mans ao xeito dos recintos deportivos que recorreu o Paseo do Balneario de inicio a fin con ida e volta. Unha anécdota que dá conta do ambiente de diversión que se viviu neste XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo.

A lista de agrupacións que fixeron parte do XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo é a seguinte:

A. F. Ancoradoira (1 grupo) (Culleredo – O Burgo)
CEIP Ponte dos Brozos (1 grupo) (Arteixo)
CEIP Arteixo (1 grupo) (Arteixo)
CEIP Galán (1 grupo) (Arteixo)
Colexio Sagrado Corazón Franciscanas (3 grupos) (A Coruña)
Escola Municipal de Folclore do Concello de Betanzos (6 grupos) (Betanzos)
Asociación Cultural Xacarandaina (1 grupo) (A Coruña)
AC Nemeth (5 grupos) (Carballo)
Asociación Cultural Santa María de Torás (2 grupos) (A Laracha)
A C A Marola (3 grupos) (Mera – Oleiros)
Agrupación Folklórica Folliñas (1 grupo) (Oleiros)
A.X. Xiradela (3 grupos) (Arteixo)

Ao final do acto as asociacións participantes recibiron un detalle en lembranza pola súa participación no XXXVI Día de la Muiñeira de Arteixo. Tamén se repartiu unha merenda aos bailadores e bailadoras participantes. Antes de finalizar tomaron a palabra a concelleira de Cultura e Xuventude do Concello de Arteixo, María Dubra, e a presidenta da A.X. Xiradela, Uxía Verdía.

Nesta cita dominical, organizada por la A.X. Xiradela desde o ano 1987, colaboran o Concello de Arteixo, Vegalsa – Eroski e Mesturiña Galega.

A ‘Muiñera do Século XII’ de Xan Macías e Castor Cachafeiro

A peza que se bailou neste XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo chámase Muiñeira do Século XII. Fai parte do repertorio de Xan Macías e Castor Cachafeiro.

Xan Macías foi un gaiteiro de Viana do Bolo que se trasladou para á Coruña onde formou parte dos Catro de Galicia. O nome elixírono debido a que cada un dos compoñentes procedían dunha das catro provincias galegas. Foron os predecesores do grupo Os cindo de Galicia.

Xan Macías emigraría máis tarde desde A Coruña a Venezuela ondo tocou na Irmandade Galega de Caracas con Castor Cachafeiro (un dos gaiteiros de Soutelo).

Foi alí onde aprendeu esta Muiñeira do Século XII.

QUEN SOMOS

A Asociación Xuvenil Xiradela, radicada no concello de Arteixo, nace no ano 1982 co obxectivo de recuperar o noso folclore e gozar do tempo de lecer, así como de colaborar con outras asociacións ou entidades que nos permiten, por un lado difundir o noso traballo, e por outro, axudan a promover a socialización dos rapaces con xente doutras asociacións.

Comezamos impartindo a actividade de baile tradicional, e despois ampliamos ás actividades de pandeireta e canto tradicional, gaita e percusión.

A partir do ano 1984 créase un grupo de investigación para a recollida de música, cantigas, literatura oral, costumes, bailes e traxes dos nosos devanceiros, a súa recuperación e divulgación, pretendendo ser o máis fieis posibles coa máis pura tradición galega.

Ademais do concurso de música, dende o ano 1987 e de xeito continuo vimos celebrando o Día da Muiñeira en Arteixo. Trátase dunha exhibición na rúa de bailadores e bailadoras da peza máis emblemática do noso folclore. No caso do Concurso de Música Tradicional é un acontecemento que nacía no ano 2000 coa intención de promover a participación das escolas de música tradicional para que a mocidade puidese ter máis actuacións e relacionarse entre si, facilitando de este xeito o coñecemento da nosa cultura.